Día Mundial da Auga e a Hora do Planeta 2010

Hoxe se celebra en todo o mundo o Día Mundial do Auga 2010, baixo o lema : Auga Limpia para un mundo sán., unha data que non debería pasar desapercibida nos nosos blogues.

Para todos aqueles alumnos que  están preparando o seu traballo para o III Congreso de Autores CLMTK sobre este tema,   deixovos o link ao Portal Auga da Unesco, un site imprescindible.

Outra celebración, o   27 deste mes a organización WWF  convoca, como o ano pasado,  o evento  La Hora del Planeta. iniciativa que persigue  concienciar sobre a loita contra o cambio climático, cun apagón mundial, onde miles de personas apagarán a luz durante unha hora en solidaridade co medio ambiente .

Desde Climántica nos sumamos a esta iniciativa, levándoa aos blogues de aula e animándovos   a que os rapaces e rapazas das vosa aulas deixen as súas opinións sobre este tipo de actos.Como novidade, e ate o día 23 poden deixar as súas preguntas na páxina de entrevistas dixitais do xornal El País onde Mar Asunción, a responsable do Programa de Cambio Climático de WWWF España lles contestará.

Aquí vos deixamos o vídeo promocional da campaña con canción incluida.


Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.