Google informa da polución nos seus mapas

imagen

Desde IES As Barcas de Moaña nos envían este artigo publicado en El País do 08/10/2008 infórmase da de que xa é posible os usuarios poidan controlar os niveis de contaminación atmosférica utilizando o Google Maps. Esta nova ferramenta foi presentada durante o Congreso de biodiversidade celebrado on Barcelona e é utilizable nas cidades españolas con máis de 50.000 habitantes. O sistema pronostica a calidade do aire para as 72 horas seguintes, incluíndo as emisións do tráfico, da industria e as bioxénicas mediante un código de catro cores. Ademáis, os mapas serán cedidos  ás ONG e institucións sen á nimo de lucro.Tamén Intermón Oxfam colgou os  seu traballo mapas onde avalía a situación da hixiene e o saneamento do auga en 18 países.Expresade a vosa opinión acerca das posibles contribucións destas medidas á reducción da contaminación.Actividade proposta: Utilizando o Google Earth compara os dados de contaminación e hixiene e saneamento nun núcleo de 50.000 habitantes e outro e unha grande urbe e que conclusións sacas.

 

Esta entrada foi publicada en Recursos, Sustentabilidade e etiquetada . Garda o enlace permanente.

2 Responses to Google informa da polución nos seus mapas

  1. guille1b di:

    Este articulo esta moi ben, o único inconveniente que lle atopo é que pronostica a calidade do aire e iso non é un dato moi aproximado.

  2. alvaro_alonso.sau di:

    O contido do artículo é algo que xa é coñecido e que está na man de todos, particularmente das grandes fábricas industriais.
    Cada persoa de maneira individual pode contribuir a que haxa unha menor contaminación no planeta, porque se cada un pensa: total por un, non fago nada…
    Cada quen ten que contribuir de manera individual para mellorar isto.

Deixa unha resposta