III Congreso de Autores Climántica e Premios Climántica para estudantes

Dende principio de curso vimos dando a coñecer,desde o  tres Blogues Guía , distintas ferramentas e aplicacións que fosen útiles para ampliar o espectro de actividades e traballos  que o noso alumnado pode  presentar no III Congreso de Autores Climántica e Premios Climántica para estudantes.

Ós que asistiredes por primeira vez, só transmitiros as excelentes impresións que tanto o profesorado como os alumnos que xa teñen participado nas pasadas convocatorias nos comunicaron. Non é  doado reunir a 500 adolescentes  movidos por unha causa común : a loita contra un dos máis graves problemas aos que se enfrenta a Humanidade , o Cambio Climático. Tampouco é sinxelo reunir  a variedade, cantidade e calidade  de traballos cos que os xóvenes, baixo  a tutela dun  profesado excepcional, puxeron voz ás súas inquedanzas e que podedes ver na sección de alumnos da Biblioteca Climántica e nos números 1º e 2º da  revista CLMTK. Sin embargo, esto é o que leva ocurrindo desde fai dous anos nas respectivas convocatorias deste evento  que pretende promover actitudes máis sostibles co medio a partir da educación para o Cambio Climático.

A conta atrás xa comenzou, desde o venres pasado ate o 10 de maio poden enviar os seus traballos a climantica@climantica.org e consultar os tipos de aportacións, condicións e premios premendo na imaxe.

iiicongresoconv.png

Como novidade para todos, este ano Climántica vai a elexir dous dos doce delegados  que representarán a España na Conferencia  Internacional Infanto-Juvenil “Cuidemos el planeta” que se celebrará nos días 5-10 de  xuño deste ano na cidade de Brasilia, por este motivo se elexirán un mozo e unha moza de 12 a 15 anos que nos represente.

Os  dous criterios para a selección destes dous representantes galegos neste evento serán a participación e premios acadados nas distintas convocatorias dos Congresos de Estudantes e  as súas aportacións  para a redacción do documento “Carta do Compromiso dos Estudantes de Galicia co Planeta” que se elaborará a partir dunha wiki “Wiklimantica.com”que xa podedes presentar aos vosos alumnos para que deixen o seu  nome e mail  e así lles avisaremos en canto poidan participar.

wiklimantica

Wiklimántica constituirá un espazo onde os estudantes aportarán ideas utilizando distintas lenguaxes: textos, curtos, animacións e críticas positivas que posibiliten o desenvolvemento dunha novela colectiva. O proxecto estará coordinado por expertos e se desenvolverá en tres fases:

  1. Choiva de ideas para decidir a temática.
  2. O equipo de redacción seleccionará as liñas que lle parezan máis interesantes e someteraas á votación da comunidade.
  3. Coa temática xa seleccionada, empezará a construcción deste relato colectivo, sempre guiado polo equipo de redacción de xeito que unha vez rematados e cohesionados todos os capítulos, só quedará a elección do título e aspectos gráficos da edición que tamén se fará de forma consnsuada pola comunidade Wikiclimántica.

Todo un reto que ven  a ampliar os obxectivos interdisciplinares na Educación para o Cambio Climático no que vos  invitamos a que animedes a participar  aos rapaces e no que esperamos contar coa vosa valiosa colaboración.
Deixade calquera dúbida ou suxerencia nos comentarios.

Esta entrada foi publicada en Axenda e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta