Traslado por Cambio Climático

Tanto falar de Ciencia versus Relixión… Por que non falar de Relixión versus Ciencia?

Como Noé meteu na súa arca parexas de distintas especies para salvalas do Diluvio Universal, o mesmo queren facer algúns expertos para protexer aos animais do cambio climático.  Hai dez anos isto sería motivo de risas. Un grupo de investigadores promovidos pola Fundación Nacional de Ciencia plantéxanse cambiar aos animais e plantas de ecosistema,”traslado guiado“. Isto significaría forzar unha migración que podería supor que as especies alonxadas ocupen os novos hábitats e acaben coas especies locais. Casos deste tipo, como o das tartarugas tropicais e o do visón americano, entre outros, estanse a dar no noso país.

¿Se isto son as consecuencias desta “migración”, porque se considera esta idea? A resposta é que o cambio climático non se detén, polo que necesitamos facer algo axiña. Coa subida das temperaturas e a diminución das precipitacións, algúnhas especies poderían chegar a estinguirse.

imagen

 Algunhas das especies sobreviviron debido á migración a lugares máis hospitalarios. Agora estes movementos están condicionados polas cidades e outros obstáculos artificiais que lles impiden mobilizarense. Os científicos aínda non teñen moi claro como se podería facer este traslado. Intentan obter un sistema que poida avaliar os custos, riscos e beneficios de introducir ás especies nos novos ecosistemas.

Esta non é a única estratexia plantexada polos científicos. Outras serían a fertilización dos océanos ( incremento da absorción de gases de efecto invernadoiro), conservar corredores migratorios de animais ( para que se poidan mover a distancias longas) e preservar a diversidade xenética das especies en perigo en bancos de sementes.

imagen

¿Credes que isto podería funcionar?¿As especies adaptaríanse ben ao novo ecosistema?

Fonte: IES Francisco Asorey

Esta entrada foi publicada en Cambio climático e etiquetada . Garda o enlace permanente.

4 Responses to Traslado por Cambio Climático

  1. adrian mira di:

    a idea esta moi ben. Salvo que haber como metemos outra vez tantos animais como hai agora!!

  2. jose carro di:

    interesante solucion!! peo opino como Adrián. Solo espero que desta vez non exista tal diluvio!!jeje

  3. angela_rios di:

    mala idea non é , pero lles costara moito esforzo e non creo co estado de calquer pais de un porron de diñeiro para iso cando agora non temos diñeiro nin para dar traballo neste momento de crise…solen ser moi agarrados co diñeiro

  4. val.matias di:

    Un animal provocado que esta en perigo de extincion o vison,estan embestigando se se pode recuperar ese animal. brais varela

Deixa unha resposta