Novas leis, bibliografía pedagóxica, cursos de didáctica, pero… o máis interesante que podemos aprender os e as docentes é xustamente ese medio metro que separa o corredor da mesa do profesor. Ese saber facer ao que difícilmente accedemos por problemas de tempo, de estructuras e, por que non decilo, por esa tradición docente de ” agochar o que facemos”.
Desde Climántica estamos acostumados á vosa xenerosidade co proxecto; non é doado atopar xente como vós que comparte o seu saber facer coa Comunidade Virtual de Climántica e sobre todo o SEU EXCELENTE SABER FACER.
Hoxe traemos á Blog Guía unha mostra máis desta xenerosidade : o link que nos envía César Pais Salobre, dende o IES Chan do Monte en Marín, para visitar o laboratorio/museo de Ciencias que teñen creado no Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
Un traballo impresionante e que nos sirve como recurso para tratar nos blogues a biodiversidade en Galicia. Animádevos a compartir os vosos recursos.
No laboratorio de Ciencias atópanse expostas as seguintes coleccións: :
* Colección didáctica de Moluscos de Galicia
* Colección didáctica de Crustáceos de Galicia
* Peixes de Galicia
* Artes e aparellos de pesca de baixura e marisqueo
* Restos de cetáceos, cranios da aves mariñas, otolitos e dentes de peixes de Galicia
Premede na imaxe para entrar.
Moitas gracias en nome de toda a Comunidade, César.
Esta innovacion para poder ver o laboratorio esta moi ben por que asi ainda que non podamos ir a ese laboratorio grazas a internet e climantica podemos visitar e aprender os coñecementos que o museo das ciencias nos ofrece.