Muller e ciencia: revista Xenia

imagen

Hoxe se celebra en todo o mundo o Día da Muller Traballadora, nesta ocasión vos convidamos á lectura compartida de textos sobre Muller e Ciencia dos que dispoñedes na páxina de  publicacións da  Unidade de Muller e Ciencia dependente Secretaría Xeral de Igualdade, da Xunta de Galicia. Unha institución que xa coñecedes pola revista Xenia, e que ten como obxectivos incrementar a presenza das mulleres nos ámbitos científico e tecnolóxico de Galicia,promover actuacións dirixidas a eliminar os desequilibrios existentes no relativo á formación científica, no  eido da investigación e innovación e no da xestión da I+D+i, co fin de situar nos estudos e actividades científicas a perspectiva de xénero nun primeiro plano.

E eso é precisamente o que queremos facer hoxe  e tódolos días desde o Blogs de Climántica, animándovos a crear unha categoría como a que teñen diferentes bitácoras do proxecto adicadas a Muller e Ciencia.

Como exemplo de actividade na aula  podedes visualizar un  dos traballos gañadores do 2º Congreso de Autores Climántica realizado por Irene López Vallo do CPR Santa María do Mar: “Mulleres e Loita fronte ao Cambio Climático”

Esta entrada foi publicada en Axenda, Ler Con-Ciencia e etiquetada . Garda o enlace permanente.

One Response to Muller e ciencia: revista Xenia

  1. sergio leboris1a di:

    Pareceme moi ben que este dia se celebre xa que durante moitos anos as mulleres non podian raballar e cando puideron o fixeron cobrando moito menos ca os homes, ainda que oxe en moitos sitios por desgraza esto ainda esta a suceder.Grazas a artigos que buscan o mesmo fin ca a revista xenia a muller ten o reconocemente no traballo que se merecia desde fai moito

Deixa unha resposta