O Cambio Climático murcha as paisaxes máis fermosas

Sabemos que un dos principais gases de invernadoiro da atmosfera é o CO2. Este gas prodúcese en grandes cantidades como resultado da queima de combustibles fósiles que constitúen a nosa principal fonte de enerxía.  Unha das consecuencias desta forma de xerar enerxía foi o rápido incremento, da concentración de CO2 atmosférico dende a Revolución Industrial. Este incremento relaciónase co cambio que estamos observando no clima. Que clase de cambio? Un aumento progresivo das temperaturas, tanto no Hemisferio Norte como no Hemisferio Sur durante os últimos 50 anos.

O aumento de temperaturas tradúcese en precipitacións torrenciais, aumento do nivel do mar ou desertificación. Hoxe mesmo no periódico El País nos alertan sobre a desaparición dos glaciares do Pireneo antes do ano 2050.

dscn3673.JPG

O aquecemento global  é un dos problemas medioambientais aos que se enfronta a humanidade. As emisións de gases de invernadoiro producidas pola actividade humana reciben o calificativo de antropoxénicas. Queres facer un cálculo aproximado das emisións de CO2 da túa casa? Utiliza esta calculadora de CO2.

Desde o IES Praia Barraña

Esta entrada foi publicada en Cambio climático e etiquetada . Garda o enlace permanente.

One Response to O Cambio Climático murcha as paisaxes máis fermosas

  1. val.matias di:

    A mí me parece que estamos abusando demasiado del uso del coche; mucha gente hasta para ir a un lugar cercano lo utiliza y eso ayuda mucho a incrementar el cambio climático.

Deixa unha resposta