A volta ao mundo

Un tema do que falamos pouco nos blogues e que  Dolores, do IES Illa de Arousa trata con maestría neste post:

 

 Cando falamos de emisións ao medio ambiente e de reducilas, a maioría de nos pensamos en emisións industriais, dos automóbiles ou de excesivo consumo enerxético, pero poucas veces relacionamos todo isto con algo tan cotiá como a nosa dieta e a cesta da compra.

Nun traballo no que se sumaron os quilómetros percorridos polos alimentos elixidos para a dieta dun día, antes de chegar as estanterías dun centro comercial no noso país o resultado é que os quilómetros ata o punto de venda (~133.600 km) superan aos que necesitariamos para dar unha volta ao mundo. E é que unha boa parte das mazás que compramos son chilenas, as peras veñen de Sudáfrica, as leitugas iceberg de EEUU, o arroz de Tailandia…

Pero aínda podemos analizar máis, xa que por se isto nos parece pouco, en moitos casos importamos e exportamos cantidades similares dos mesmos produtos. Se iso o convertemos en consumo de combustible e ademais engadimos o gasto correspondente as distintas etapas de produción, procesado e embalaxe, ata onde se nos irán os números?

A produción de alimentos é unha das actividades que require maior suministro de combustibles fósiles, o que implica un aporte importante de gases invernadoiro e ironicamente, corre un grave risco debido ao cambio climático e á degradación ambiental á  que contribúe. Pero non so iso, outra das cousas a ter en conta respecto a ese consumo e que depende deles, aquí aínda non nos valen as enerxías renovables, a agricultura e a maquinaria que utiliza, a produción de pesticidas, os fertilizantes consumen ou saen do petróleo ou o gas natural, e parece que o pico na produción de ambos a prezos razoables está cerca.

Este fluxo de alimentos a escala planetaria ten un alto custo ambiental, e por tanto require pola nosa parte unha concienciación e actuación responsable.

Que propostas se vos ocorren? Que é iso do pico da produción de petróleo?


 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Sabías que?, Sustentabilidade e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta