Programa Comet

Xa temos falado nesta bitácora do Programa Comet , desenvolvido polo (Servicio Meteorolóxico Nacional de Estados Unidos, ( NWS) desde 1988. A iniciativa xurdeu co obxectivo de ofrecer unha plataforma de formación para os metereólogos americanos pero, co tempo, os materiais, cursos e presentacións foron ampliándose ó sector educativo. Na actualidad a web MetEd é un dos respositorios máis importantes en Internet de materiais relacionados coa metereoloxía e dispón dun importante número de artigos, gráficos, infografías e animacións sobre cambio climático, fenómenos metereolóxicos extremos, tempo e clima, educación ambiental, etc.

Como en casi todos estes portais é necesario rexitrarse para acceder ós módulos e materiais. As licencias para educación son Creative Commons polo que podemos usar as súas gráficas tranquilamente, citando a fonte.

Un tesouro nas vosas mans.

imagen

Imaxe: web MetEd

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Recursos e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta