Batallón de recursos sobre Cambio Climático

Este sería o termo que mellor responde a inxente cantidade de recursos cos que contades para desenvolver o tema de Cambio Climático, que para nós é transversal en tódalas actividades.

  1. Biblioteca de alumnos para que os rapaces xa vaian pensando no traballo de Congreso de Autores. Eu por exemplo o poño como o traballo de avaliación deste tema para que me de tempo a revisalo ben antes de envialo.
  2. Materiais dos cursos, tanto os da Biblioteca ( actividades, artigos, extractos das presentacións….) como os de Climántica TV ( conferencias, cursos, documentais sobre cambio climático,…).
  3. Todo o materialpara imprimir: unidades didácticas, publicacións para outros niveis educativos de onde podedes seleccionar distintas partes, os cómics de Palmira e Marcial…
  4. Artigos de prensa seleccionados
  5. Videoxogo CLMTK unha boa forma se “enganchalos aos tema”
  6. O libro “A Treboada de Cee” para empezar o  tema a partir dunha lectura interesante
  7. Didáctica multidisciplinar para que se convirtan nuns verdadeiros expertos na materia
  8. O Blog Guía da ESO dirixido específicamente a este tema
  9. Os Blogs Temáticos onde atopamos iformación sobre este tema desde diversos ámbitos e áreas de coñecemento
  10. O Blog deMetereoloxía para explicar os fundamentos necesarios para garantizar unha profunda comprensión do problema.

Alguén da máis nunha soa dirección www.climantica.org?  (Son tantas cousas que seguro me esquezo dalgunha.)

Seguro que sí: Todos vos cos vosos contidos e o voso labor diario.

Animádevos a deixalos vosos mellores post  sobre este tema nos comentarios para que os publique.

Como mostra,  un dos primeiros traballos do equipo : O documental sobre Cambio Climático .

Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades, Cambio climático, Recursos e etiquetada . Garda o enlace permanente.