Photoclima

Un libro interesante desde o IES de Allariz

Photoclima é un libro presentado por Greenpeace no ano 2007. Nel móstrase a transformación que sufrirá España se non se actúa contra o cambio climático e pretende alertar a sociedade da urxencia de reducir as emisións de CO2, a fin de evitar o que nel se nos amosa: imaxes dos informes do IPCC sobre os cambios que lle esperan a península de non cambiar a nosa forma de actuar.

imagen

 O libro amosa seis temas e lugares diferentes: os ríos, mediante a imaxe do río Ebro ao seu paso por Zaragoza; a agricultura, reflexada nas plantacións de laranxos de Valencia; as montañas, representadas polas formacións glaciares do Monte Perdido no Pirineo; o mar, fotografiado no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e na Manga do Mar Menor en Murcia; os bosques, a través da imaxe do Parque Natural dos Alcornocales en Cádiz, e por último, as persoas máis vulnerables e con menor responsabilidade ante o cambio climático: os inmigrantes, que chegan a España porque non teñen recursos para sobrevivir en África.

imagen

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Ler Con-Ciencia e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta