Nanotecnoloxía e cambio climático

imagenHoxe nos acompaña José Rivas, catedrático de Electromagnetismo da USC e  Director do Laboratorio Ibérico de Nanotecnoloxía de Braga  co seminario «Nanotecnoloxía básica para a sustentabilidade na sociedade do cambio climático».

O profesor Rivas  xa nos acompañou na clausura do “1º curso de Climántica na materia de  Ciencias para o Mundo Contemporáneo desde a sostibilidade e as TIC,” onde fixo un percorrido polas últimas tendencias na investigación en Nanotecnoloxía e das diferentes aplicacións que pode ter nun futuro  xa presente en áreas como a do ambiente,  recursos, enerxía ou na medicina.

Nesta ocasión, e como material  anexo a súa intervención  nos envía esta interesantísima publicación divulgativa   da Comunidade Europea  sobre Nanotecnoloxía. Un tesouro  a sólo un click para ensinar en profundidade e dun xeito ameno este novedosísimo tema.

N.B: Podedes estar ao día das novas  en nano para compartir cos vosos alumnos no blogue Nano Bugle do INL. Por que non crearun grupo de estudantes que se encarguen de actualizar as novas sobre nanotecnoloxía nos blogs de CMC?

Imaxe: oncnosis.com

Esta entrada foi publicada en Axenda e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta