Mal de herdanza, non ten cura?

imagen

Unha excelente proposta e tres excelentes materiais en pdf  de César Pais desde o IES Chan do Monte en Marín. Moitas gracias César por compartir o teu traballo.

Os nosos avós tiñan unha frase moi socorrida para moitas enfermidades que non tiñan remedio:  “mal de herdanza non ten cura”.

Isto ocorría non fai moito tempo.  Con todo, cos coñecementos actuais  no campo da biotecnoloxía, da clonación, da terapia con células nai, cos avances no coñecemento do xenoma, da xenómica, da proteómica, da farmacoxenética,….. esta sentencia deixou de ter sentido.

Constantemente aparecen novas nos xornais que tratan destes conceptos e, en moitos casos, non temos a suficiente base para entendelos; se non os entendemos non podemos ter opinión, non teremos criterio para valoralos e corremos o risco de caer en certos tópicos, a veces perigosos.

Falamos de termos como clon, clonación, transxénico, tecnoloxía do ADN recombinante, diagnóstico xenético preimplantacional, vectores de clonación, células nai pluripotenciais, (vaia palabrejas), ….. pero ¿sabemos realmente que són? ¿temos unha idea, ainda que básica, de como se obten? ¿que aplicacións teñen?.

Suscítanllenos certas preguntas: ¿como se obtén un transxénico? ¿cales son as vantaxes e desavantaxes dos transxénicos? ¿que é a clonación terapéutica? ¿que son as células nai? ¿para que queremos o sangue do cordón umbilical?……. Outras entran no campo da bioética: ¿é correcto elixir un determinado preembrión e rexeitar outros para salvar a vida dun irmán xa nacido ou para íste naza libre dunha doenza xenética? ¿que facemos cos outros  preembrións? ¿poderían os alimentos transxénicos rematar ca fame no mundo? ¿que son as chamadas sementes “terminator”?, ………..

A tarefa que vos poño é a de buscar novas sobre este tema nos xornais, que as valoredes críticamente e saquedes conclusións. Como axuda douvos tres presentacións (reparade nos enlaces, estan en cor):

Nocións básicas de xenética

Tecnoloxía do ADN recombinante

Células nai

Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades, Xenética e etiquetada . Garda o enlace permanente.