Haití : A can flaco todas son pulgas

Haití co índice de probeza máis alto de América,  converteuse onte nun inferno  tras padecer un intenso  terremoto  ( 7.3 nas  escala  de Ritcher e previsible grao IX ou X na  Mercalli) no que  xa se contan  máis de 100.000 personas falecidas.

Unha cifra escalofriante  nun país  que pode servir de  exemplo  sobre as consecuencias   dunha xestión non sostible.   Un deserto nunha rexión tan pródiga en vexetación  como   a súa veciña República Dominicana  como consecuencia da sobreexplotación da  súa masa forestal  que utilizaron, sen control, como combustible.

Unha poboación acostumada a miseria, que  emigrou durante anos e anos  para un país probe como a República Dominicana a  vivir nos “bateis” dos campos de azúcar  en condicións infrahumanas.


Non sabemos o que pasará no futuro inmediato, só solidarizarno co pobo haitiano.  Como sempre , desde  o noso labor docente, aportar o noso gran de area  formando  cidadáns e cidadanas que desenvolvan un sentido crítico ante as novas  que se van publicar nestes días , tanto no que se refire ás catástrofes naturais como ao desenvolvemento de valores.

As redes sociais están canalizando a solidaridade con diferentes accións. Como exemplo, desde a web do País nos informan dalgúns sitios onde podemos colaborar  así como Médicos sin Fronteras  en Twitter a través da etiqueta #MSF  e a  Cruz Roja en Myspace.

Utilicemos os nosos blogs como arma solidaria.

Esta entrada foi publicada en Fenómenos naturais e catástrofes e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta