2010: Ano Internacional da Biodiversidade Biolóxica

 imagen

Nacións Unidas declarou o 2010 como Ano Internacional da Diversidade Biolóxica nunha campaña mundial lanzada en Montreal para a sensibilización da protección da biodiversidade. A campaña pretende “celebrar a diversidade da vida na Terra e combater a perdida de biodiversidade no mundo! “. O ritmo de extincións é “alarmante”, segundo a ONU, mil veces o ritmo que sería normal. “Esta perda é causada pola actividade humana e estímase que poida ser agravada polas alteracións climáticas”, afirma a Organización. O lema da campaña, “A biodiversidade é a vida. A biodiversidade é a nosa vida”, subliña o papel crucial da natureza en apoio da vida na Terra, incluíndo a nosa.

 Tres das principais causas de perda de biodiversidade son:

1.     A destertificación.

2.     A  destrución dos hábitats naturais.

3.     A fragmentación dos hábitats (con estradas por exemplo) que provocan que algunhas especies queden illadas.

imagen

O Ano Internacional da Diversidade Biolóxica será inaugurado con eventos en Brasil e Alemaña. En xaneiro, UNESCO lanzará unha exposición internacional en París. A Asemblea Xeral da ONU do 20 de setembro de 2010 será un evento crucial pois preparará o Cumio da Biodiversidade de Nagoya en outubro dese mesmo ano, onde os gobernos definirán os obxectivos e etapas para combater a perda de biodiversidade. O ano rematará en Kanazawa (Xapón), en decembro, cunha cerimonia que marcará o inicio do Ano Internacional dos Bosques 2011.

Un post informativo desde o IES Fraga do Eume, sobre un tema que é fundamental para nós desde unha perspectiva das Ciencias do Mundo Contemporáneo baseada no Cambio Climático e que ímos usar para inagurar esta nova categoría.

Esta entrada foi publicada en Axenda, Biblioteca de actividades, Biodiversidade e etiquetada . Garda o enlace permanente.