Avatar

Pilar Mingote, desde o Temático de Comunicación nos deixa este interesante post sobre unha película non menos interesante: Avatar.

Unha  historia  épica con fondo ambientalista que pode ser útil para reflexionar nos blogues e nos foros sobre aspectos como a falsa neutralidade da ciencia e o  non sempre loable labor  de investigación científica, temas inherentes ao Cambio Climático  como a sobreexplotación de recursos,  a extinción de especies,  ou o   desenvolvemento sostible  e a  outros tópicos de CCMC como a enxenería xenética.

Sen deixar de lado a educación en valores(  a supremacía dunhas civilizacións fronte a outras, a avaricia,  a  unión entre tódalas formas de vida, etc.) a película constitué unha intensa experiencia visual en 3D ( non en vano o orzamento superou os 200 millóns de dólares) que non deberiamos de esquecer nos blogues.

Por certo, o mesmo orzamento, superior ao que  moitos países  adican a i+D+I!!! pode xerar controversia nos foros.


Esta entrada foi publicada en Obradoiro de prensa e audiovisuais e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta