Máis libros, por favor

imagenAgora que estamos  rematando o trimestre  é un bo momento para pararnos a reflexionar sobre as modificacións que podemos facer nas bitácoras aproveitando as vacacións do Nadal.Unha idea é crear un foro de libros e películas,  onde discutir as lecturas que recomendamos na aula ou, incluso, para animar ó/á bibliotecaria do centro a que utilice os foros e o blog como medio para divulgar as  novas en obras de divulgación científica e de medio ambiente que vaian chegando ó centro ou dos que se xa forman parte do catálogo da biblioteca .

Como exemplo vos deixamos unha pequena  lista de  títulos que espero, axudedes a completar nos comentarios,  para orientar aos rapaces e as súas familias na elección de libros de agasallo.

“Una breve historia de casi todo”, de Bill Bryson.

Como un libro curioso de Ficción-medio ambiente El quinto día, de Frank Schätzing.

“La Tierra herida”, de Delibes e Delibes de Castro.

“El Cambio Climático; Crónicas desde las zonas de riesgo del planeta” de Motavalli.

“La venganza de la Tierra”, de James Lovelock.

…. e moitos máis que iremos engadindo.
Ademáis desta idea que hoxe lanzamos aquí, seguro que moitos de vos tedes distintas ideas para aplicar que poderiades compartir con nós para axudarvos a levalas a cabo. Animádevos a compartilas.

Esta entrada foi publicada en Ler Con-Ciencia e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta