Temporal de neve en Galicia

imagenUnha fermosa imaxe que  Darío Álvarez  deixou en Flickr sobre as nevadas en Celanova do decembro pasado, un fenómeno habitual nalgunhas zonas de Galicia e que hoxe nos fai quedar na casa, segundo o comunicado da Consellería de Educación.

Un bó día para aprender un pouco máis sobre o tempo e o clima no noso blog de metereoloxía  no que nos falan desta masa polar continental que nos fai estar en un nivel de alerta amarelo, según Meteogalicia , e que podemos aproveitar para visitar os blogues de compañeiros e compañeiras da Comunidade Climántica.

Seguro que unha gran parte do noso alumnado aproveitará o día para publicar nas bitácoras e que algún de nós empezará a programar as publicacións  para a 2º trimestre de curso. Non esquezades que  noBlog Guía hai un montón de recursos esperando a que os utilicides.

E falando de recursos…

Quén se anima a deixarnos direccións interesantes para o bloque de “Vivir Máis, Vivir Mellor”  ( saúde, hábitos saudables,  tranxénicos, incluso algo de xenética,…)?

Agardamos a vosa colaboración.

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta