Verde por fora…

imagenDesde o IES Francisco Asorey nos deixan este post sobre  o regulamento no uso de tranxénicos. Un exemplo de boas prácticas para  empezar con este tema,

Irlanda acaba de unirse aos paises da UE que prohiben os cultivos de OMGs no seu territorio, pola contra España é o país máis permisivo e lider na produción cun 75% do total. Os transxénicos son obxecto dunha gran polémica dende hai tempo. Por unha banda os defensores ven neles a solución á fame no mundo e consideran que en ningún caso provocan agresións medioambientais, e os detractores argumentan que a solución á fame pasa unha mellor distribución dos recursos sen necesidade de OMGs e que o impacto sobre o medio ambiente e a saúde é importante.

Os transxénicos implican concentración de terras para monocultivo, o uso de sementes patentadas, unha gran cantidade de agroquímicos, a substitución da produción de alimentos locais e que os campesiños se vexan sometidos a grandes presións para que cedan as súas terras  ou acepten estes cultivos, xenerándolles unha gran dependencia posterior das empresas que non so monopolizan as sementes senón que tamén son as que venden eses agroquímicos.

A gran capacidade económica e de influenza social das empresas que dominan o desenvolvemento desta tecnoloxía e a permisividade dalgúns gobernos levou a aumentar de 10 millóns de hectáreas en 1997 a 125 millóns no 2008 a superficie cultivada.


 

Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades, Sustentabilidade e etiquetada . Garda o enlace permanente.