Cambio Climático nun millón de imaxes

E algunha máis….

Desde a web WunderPhotos  a sección fotográfica da xa comentada web metereolóxica  Weather Underground temos acceso a unha inxente cantidade de fotografías  enviadas polos usuarios e etiquetadas  en distintas categorías ( ondas de frío ou calor, granizo, furacáns, etc.) cunha característica común:  os efectos do Cambio Climático nas condicións metereolóxicas en diferentes partes do mundo e o seu impacto na Natureza.

Qué vos parece se animamos aos rapaces a subir  a unha  conta climántica de Flickr as imaxes  das que dispoñan relacionadas con  este tema ou as que fagan cos móbiles? Só tedes quedeixar un comentario ou un correo a susana@climantica.org e alí vos daremos o usuario e contrasinal para poder ir creando un banco de imaxes.Un  interesante  almacén de recursos para actividades como pé de foto.

Para empezar,deixade nos comentarios un pé de foto para esta imaxe.

imagen

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Obradoiro de prensa e audiovisuais e etiquetada . Garda o enlace permanente.

3 Responses to Cambio Climático nun millón de imaxes

  1. susana.aso.1b di:

    O problema do cambio climático afecta a especies que emigran máis pronto a causa deste fenómeno.

  2. Susana di:

    Sí sou unha garza, seguro que atoparedes miles de imaxes nesta páxina.

Deixa unha resposta