Entrevista a Francisco Anguita en Tres 14: Xeoloxía e vida

Xa temos falado en varias ocasións do excelente programa de RTVE2  e da súa web Tres 14.

O domingo 29 o programa tratou de cambio climático, evolución, vida noutros planetas e os gravísimos efectos dunha choiva ácida , provocada pola erupción dun volcán, sobre as temperaturas de cidades como Nova Iorque. A partir desta última noticia o locutor comenza a falar da relación entre estes fluxos de enerxía das profundidades terrestres e a súa conexión coa existencia de vida na Terra ou noutros planetas.

E que científico podería falar con maior rigor e simplicidade de este tema? O “noso profesor” Francisco Anguita. Seguro que todos lembrades as súas excelentes intervencións no curso de CCMC, na xornada de presentación da unidade didáctica dous do proxecto e na clausura do curso do ano pasado de CCMC.

Facéndonos entender  a linguaxe das pedras, Anguita resume cómo a  xeoloxía influé na  vida  e viceversa.   A través de anécdotas, chispas de humor  e coa  capacidade divulgativa que o caracteriza o profesor   resumie nun ano a historia da vida na  da Terra e fala sobre o futuro da Terra e o seu fin.

Unha boa entrevista para  proxectar  estes días desde os blogs, e repasar contidos dunha forma amena e rigurosa cos rapaces.

Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades, Obradoiro de prensa e audiovisuais e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta