Temos as costas máis enerxéticas!

imagenAs mellores zonas costeiras da Península Ibérica para aproveitar a enerxía das ondas son a Costa da Morte e Estaca de Bares, en A Coruña. Así o reflexan dous estudos pioneiros publicados este mes nas revistas Energy e Renewable Energy por investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

“La Costa da Morte, entre Finisterre y las Islas Sisargas, y el área de Estaca de Bares -ambas en la costa coruñesa- son las zonas de la Península Ibérica con mayor potencial para instalar sistemas de aprovechamiento de la energía de las olas”, destaca a SINC Gregorio Iglesias, coautor de ambos estudos e enxeñeiro da Escola Politécnica Superior da USC.

Nas investigacións, que acaban de publicar as revistas Energy y Renewable Energy, os enxeñeiros afirman que na Costa da Morte pódense acadar os 50 kilowatios por metro de auga (máis de 400 MW/hm ao ano) e en Estaca de Bares, un pouco máis de 40 kW/m.

“A partir de esta región del noroeste peninsular el potencial energético de las olas decrece al alejarnos por el Cantábrico hacia el Este (25 Kw/m en el País Vasco) y por el Atlántico hacia el Sur”, aclara Iglesias, “y en el Mediterráneo la fuerza del oleaje no es la adecuada para producir energía de forma eficiente”.

Gregorio Iglesias destaca a importancia das ondas como unha fonte de enerxía renovable, que pode ser “crucial” para reducir os gases de efecto invernadoiro e axudar a cumprir o Protocolo de Kyoto.

Enerxía undimotriz

A enerxía que producen as ondas, denominada ‘undimotriz’ (distinta á maremotriz ou das mareas, de alto custo e só eficaz en zonas costeiras que poidan confinar grandes masas de auga), pódese xenerar con diversos dispositivos. Desde boias que ao subir e baixar fan funcionar un xenerador, ata columnas ou pozos herméticos comunicados co mar que expulsan aire -empuxado polas ondas- hacia unha turbina, pasando pola enerxía que se obtén ao mover partes articuladas flotantes e unidas, como as do inxenio Pelamis ou “serpiente marina” desenrolado en Portugal.

En España, de momento, non existen instalacións undimotrices que operen de forma comercial, aínda que hai dúas centrais piloto en Santoña (Cantabria), con boias eléctricas de oscilación vertical, e en Mutriku (Guipuzcoa), coa tecnoloxía de columna de auga oscilante. Ademáis existe un proxecto para instalar unha planta undimotriz no porto de Granadilla (Tenerife).

Os investigadores da USC tamén diseñaron un sistema de xeneración de enerxía da oleaxe denominado “WaveCat”, unha estructura flotante de aceiro que incorpora turbinas para producir a electricidade. Na actualidade o equipo traballa na mellora dos modelos numéricos do sistema e constrúe un prototipo a escada para poñelo a proba nun tanque de oleaxe.

Referencia bibliográfica:

G. Iglesias, M. López, R. Carballo, A. Castro, J.A. Fraguela, P. Frigaard. “Wave energy potential in Galicia (NW Spain)”. Renewable Energy 34 (11): 2323–2333, noviembre de 2009.

G. Iglesias y R. Carballo. “Wave energy potential along the Death Coast (Spain)”. Energy 34 (11): 1963-1975, noviembre de 2009.

Vía: Temático Renovables

Autora: Belinda  Lorenzo

Esta entrada foi publicada en Enerxía. Garda o enlace permanente.

One Response to Temos as costas máis enerxéticas!

  1. c08 di:

    Susana non esquezas ir o blog de Chan do Monte e votarlle unha ollada á entrada “fontes de enerxía”, gustaríame que valoraras a presentación que conten.

Deixa unha resposta