Em português

imagenEse e o idioma   no que escriben os e as colegas dos  17 centros pioneiros  da blogosfera Climántica en Portugal.  E a que ritmo! : No pouco tempo  que levan   xa teñen publicados máis de 300 post, a cada un mellor.Desde aquí vos animamos a visitalos, tanto como docentes para acceder aos seus recursos e exemplos de boas prácticas en Educación Ambiental, como cos alumnos e alumnas para que compartan os seus traballos con xóvenes doutro país preocupados polo futuro do planeta.

Algúns dos centros xa están traballando cos foros, unha oportunidade única para por aos rapaces e rapazas a debatir sobre temas de interés ambiental  e coñecer o que se fai noutros países veciños.

Invitámosvos a que visitedes os blogs, deixedes os comentarios que vos parezcan oportunos e  contactedes cos  novos  integrantes da blogosfera Climántica.Teñen moito que aportar ,e seguro que vos os podedes asesorar desde a experiencia. De seguro que vai ser unha experiencia moi enriquecedora.

Xa sabedes: Unha comunidade se afianza cando nos relacionamos!!!

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta