Do Big Bang ao Big Crunch

imagen

 Un excelente post dun alumno do Ies Laxeiro en Lalín. Moi boa idea a de marcar como vínculos  os demáis vídeos que continúan o documental do que nos fala Adrián. Parabéns.

Estamos esperando as vosas suxerencias de publicacións dos rapaces, unha boa forma de premia-lo seu traballo. 

Todos coñecemos ou temos oído falar da teoría da orixe do universo, o Big Bang, pero ¿como rematará éste? ¿que final lle espera?

Imos ver cales son as principais teorías que se manexan sobre a fin do universo.

O Big Crunch

O Gran Cruxido. Segundo esta teoría, o universo ¡implosionaría! Actualmente, o universo, que se está expandindo, iráse freando pouco a pouco e comenzará o proceso inverso, comprimiráse ata voltar ó punto de orixe, ó punto no que se atopaba toda a materia no momento do Big Bang. Para que isto ocorra o universo debería de ter unha densidade mínima de tres átomos por metro cúbico, e así as forzas gravitatorias frearían a expansión e empezaría a contracción, pero según calculan parece ser que actualmente esa densidade non se da.

imagen

Hai unha teoría que pode englobarse dentro desta, é o Big Bounce  (Gran Rebote). Esta viría a contarnos que despois do Big Crunch produciríase novamente outro Big Bang e formaríase de novo o universo. Pero o universo resultante desta teoría entra en contradicción cunha importante lei física polo que actualmente este suposto está descartado.

O Big Freeze ou Morte Térmica

Esta teoría sostén que o universo de expandiráse eternamente, o cal ocorrerá se non acada unha densidade mínima citada  anteriormente. As estrelas acabarán por apagarse e convertiríanse en buratos negros, estrelas de neutróns e estrelas ananas segundo a súa masa. Os planetas perderán a órbita e a súa materia (e a de todos os astros), os seus protóns e electróns comezarán a desintegrarse en máis partículas máis básicas chamadas leptóns.  Quedarán os buratos negros durante millóns de anos, pero tamén moi pouco a pouco rematarán por evaporarse debido a emisión da chamada radiación de Hawking. A temperatura do universo acadará o cero absoluto, é dicir, a temperatura máis baixa posible onde absolutamente todo o movemento se paraliza e toda a materia perde toda a súa enerxía. Acadase a morte térmica nun universo totalmente escuro e baleiro onde o único que queda é radiación.

imagen

O Big Rip

A hipótese do Big Rip (gran desgarramento) e a máis recente das tres postuladas, comezouse a falar dela polo 2003, e de parecer ciencia ficción nun primeiro momento, pasou a ser a máis probable e a máis investigada na actualidade. O universo está acelerando a súa expansión, é unha evidencia que descubriu Edwin Hubble no 1929, isto parece deberse a unha extraña enerxía que ocupa a meirande parte do espazo  (74%) chamada enerxía escura (non confundir con materia escura). A enerxía escura produce unha especie de presión negativa, unha forza anti-gravitatoria que fai acelerarse a expansión do universo e, a medida que se acelera, aumenta a súa densidade podendo chegar ser infinita. Se isto ocurrira, a enerxía escura faría unha forza anti-gravitatoria superior ás forzas gravitatorias que manteñen os corpos do universo unidos, facendo entón que os cúmulos de galaxias se separaran, máis tarde as galaxias en sí romperíanse, logo os sistemas,  media hora antes do fin de todo (para ser exactos) os astros e planetas estouparían e unha décima dunha mil millonésima de segundo  antes os átomos serían destruídos e xa non quedaría nada.

imagen

Estas principais teorías sobre o apocalipse do universo son iso, teorías, non se sabe de forma exacta como rematará ,xa que depende de factores que todavía descoñecemos como, a densidade real do universo ou como funciona realmente a enerxía escura e se chegará a valores suficientes como para contrarestar ás forzas gravitatorias. Pero para qué preocuparse sobre a fin do universo, se seguramente existan moitos máis…

Se tedes tempo botádelle unha ollada a este video da prestixosa National Geographic.


E o resto das partes do documental : Segunda parte, Terceira parte, Cuarta parte e Quinta parte.

 

Adrián Fernández García

Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades. Garda o enlace permanente.