As doce plagas do Cambio Climático

imagenHoxe trasladamos ao blog un interesante artigo sobre a influencia do Cambio Climático na expansión de enfermidades infecciosas como a gripe aviaria, ébola, cólera e tuberculose.

O post publicouse xa fai máis dun ano, a raíz do Congreso Mundial de Conservación que se celebrou en Barcelona o ano pasado, e incide nas consecuencias do aumento nas temperaturas do planeta e a fluctuación nos niveis de choivas na distribución de perigosos patóxenos que causan enfermidades.

Estes cambios no medio ambiente xeran variacións nos ecositemas que orixinan enfermidades nas poboacións animais, impactan directamente na saúde humana e

Fontee: WHO, 2007. Global Tuberculosis Control                     orixinan enormes danos económicos. Para mostra a pandemia que estamos vivindo actualmente.

Os científicos aseguran que a prevención pasa polo seguimento dos patóxenos animais que orixinan “as doce asasinas”, que resumen  como:

* Influenza aviaria: orixínase en aves salvaxes e propágase vía feces e secreciones de animais infectados
* Babesiosis: enfermidade parasitaria similar á malaria, que adoita afectar aos animais domésticos, en especial aos cans e propágase por un vector
* Cólera: enfermidade diarréica causada por unha bacteria en auga contaminada que provoca unha infección intestinal e afecta principalmente ao mundo en desenvolvemento
* Ébola: unha das enfermidades infecciosas máis letais que se coñecen causada por un virus que provoca febre hemorrágica altamente contaxiosa e mortal e afecta a primates e outros mamíferos, incluído o humano
* Parásitos intestinais e externos: propáganse en ambientes terrestres e acuáticos e a súa supervivencia aumenta co incremento da temperatura
* Enfermidade de Lyme ou Borreliosis: infección causada por unha bacteria transmitida pola garrapata, de moi difícil diagnóstico porque os seus síntomas poden confundirse con moitas outras enfermidades, como fibromalxia, esclerose múltiple, lupus, etc.
* Peste bubónica ou peste negra: causada pola bacteria Yersinia pestis, unha das enfermidades infecciosas máis antigas que aínda pode causar moitas mortes en animais e humanos. Propágase cos roedores e as súas pulgas
* Marea vermella: unha excesiva proliferación de algas daniñas nas costas que crean toxinas que poden ser letais tanto para animais como humanos
* Febre de Rift Valley (RVF nas súas siglas en inglés): zoonosis viral que afecta principalmente ao gando doméstico de gran importancia para a seguridade alimenticia, particularmente en África e Medio Oriente
* Enfermidade do soño ou tripanosomiasis: causa por un parásito que afecta a persoas e animais e propagada pola mosca tsetse
* Tuberculose e tuberculose bovina: agora distribuída en todo o mundo, a forma animal pode contaxiar ao humano polo consumo de leite sen pasteurizar, e a forma humana pode afectar a animais
* Febre amarela: afecta as rexións tropicais de África e partes de América central e do sur. Causada por un virus propagado por mosquitos e estenderase a novas rexións co incremento de temperaturas.

Fonte: BBCMundo

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Vivir máis, vivir mellor e etiquetada . Garda o enlace permanente.