Atlas eólico de España

Desde o Temático de Enerxía, Natalia Abelenda, comparte este fantástico post.

O IDAE  (Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía) pon a libre disposición pública para a súa consulta e utilización o Atlas eólico de España, unha ferramenta que mediante a navegación por un Sistema de Información Xeográfica (SIX) permite estimar o recurso eólico para cada nodo xerado no mapa, comprendendo todo o territorio nacional incluíndo as augas interiores e unha banda litoral mariña adicional de 24 millas náuticas. Ofrece ademais información complementaria de interese: cartográfica e topográfica, figuras medioambientais existentes, zonificación mariña…etc.

A aplicación foi desenvolvida pola empresa Meteosim Truewind empregando un modelo de simulación meteorolóxica e de prospección do recurso eólico a longo prazo (MASS, Mesoscale Atmospheric Simulation System) en combinación cun modelo de microescala (Windmap) que axusta finalmente o recurso eólico con datos de topografía  e rugosidade de alta resolución.

Atlas eólico de España/IDAE-Meteosim Truewind

Atlas eólico de España/ Imaxe: IDAE-Meteosim Truewind

O manexo da ferramenta é moi intuitivo, podéndose consultar en todo caso na web do IDAE un manual de uso, así como aspectos relativos á metodoloxía empregada e aos resultados da modelización.

Tamén é posible descargar desde un apartado específico mapas eólicos en formato pdf para o conxunto de España e para cada unha das comunidades e cidades autónomas.

En definitiva, un recurso interesante que pode ser empregado nas aulas de secundaria con múltiples obxectivos.

Esta entrada foi publicada en Enerxía e etiquetada . Garda o enlace permanente.

One Response to Atlas eólico de España

  1. Lara Ríos Resúa di:

    Pois a verdade e que é unha gran ferramenta coa que traballar ou, simplemente, para curiosear; pero o estudo das enerxías renovábeis en xeral é máis interesante.

Deixa unha resposta