Chicass10: De Teixeiro a Buenos Aires

Xa temos falado en outras  ocasións da  bitácora Chicass 10 ,un blog  desenvolvido polas mulleres dos módulos 9  e 10 do  cárcere de Teixeiro, que constitúe  a parte visible dun proxecto educativo articulado a través da   idea de  Escola 2.0  da  Asociación Nosotras Intramuros de A Coruña.

Este blog se escribe sin Internet, e, as educadoras responsables de este proxecto educativo son as que, a modo de mensaxeiras,  publican o traballo  das internas e posteriormente  imprimen os post  e os comentarios para levaros de novo ó  cárcere.

As educadoras que coordinan este proxecto educativo en contextos de privación de liberdade, Pilar Mingote (responsable do Temático de Comunicación de Climántica), Berta García e Mª Jesús Gutiérrez Candame, son as máns e a  voz destas mulleres que reivindican desde o  silencio dunha barreira carcelaria o  dereito a  su reinserción  na sociedade de coñecimento.

O  labor das reclusas e  das persoas que, como , Mª José, Pilar o Berta, apoian e creen firmemente na  educación conxugada  coas posibilidades comunicativas da  rede, fixeron posible  que a voz das reclusas de   Teixeiro  soe en Internet, non  é  casualidade que a bitácora fose nominada este ano como mellor blog do  ano por RTVE  nos premios Miradas2. 

Estes  días, invitadas polas Madres de la  Plaza de Mayo ,as mulleres  dos módulos 9 e 10 do centro penitenciario, están participando, nas voces de Pilar e Mª José, no  IV Encuentro Internacional Detenidos en movimiento,que se celebra dentro do VIII Congreso internacional Derechos humanos y salud mental, os días 19,20,21 y 22 de novembro,  en Buenos Aires.

Alí   mostrarán o  “camiñoo da “a” á   “@” que este proxecto dixital sin Internet ( como a tortilla sin ovo da que nos fala Pilar en Chicass 10), está levando a cabo.

Incidindo na idea da  Escola 2.0, Pilar Mingote   mostra  no  Temático de Comunicación, a  experiencia  ¿ Qué cosa es el tiempo? dentro do Proxecto Triangular   que puxo en contacto a tres colectivos  e xeracións de contextos sociais, culturais ye xeográficos  moi alonxados: as mulleres do  colectivo Chicass 10, alumnos e alumnas de 4º de ESO do colexio Santa María do Mar e  os alumnos  da  Unidade Penitenciaria N° 13 e 16 da cidade de Junín en Buenos Aires coordinados polo profesor Pedro Ferrari. O  tema: a distinta percepción do tempo para os  distintos contextos e xeracións.

Un proxecto compartido nos blogs de Chicass 10,   o xa  non operativo El grito de MOSQUI ( Mi Opinión Sí que Importa) e Sin nombre por ahora  que agora xa podemos visitar desde o Temático de Comunicación como exemplo de actividad e comunicativa e  educativa con bitácoras.

Desde aquí todo  o noso apoio  a esta iniciativa da  que, con seguridade,  Pilar nos seguirá falando no Temático de Comunicación, e  que se converte  nun  modelo a seguir desde os blogs de Climántica para experiencias relacionadas coa Educación Ambiental centradas  no   Cambio Climático e  a Sostibilidade.

A educación SÍ Cambia o  Mundo!.


Esta entrada foi publicada en A aldea global. Garda o enlace permanente.

One Response to Chicass10: De Teixeiro a Buenos Aires

  1. Pilar Mingote di:

    Hola,Susana.
    Acabamos de regresar de Buenos Aires, y todavía me parece un regalo y un milagro haber compartido tantas cosas con personas tan distintas, y al mismo tiempo con la misma preocupación:seguir luchando por la educación digital en colectivoa de exclusión y pobreza.
    Conocer a las madres de mayo, abuelas,me ha impresionado.Viviré de estas rentas durante mucho tiempo.
    ¡grandes mujeres que creyeron en lo que querían sus hijas e hijos!1ellas dicen que sus hijas e hijos les parerieron a ellas..y qué gran verdad.Me encanta ese sentido de transformación desde la maternidad…un reencuentro con otra forma de vivirla.
    Ya seguiré contando, pero quería agradecer tu entrada,como siempre tan generosa.
    tu alumna bloguera

Deixa unha resposta