Crear unha enquisa ou formulario con Google Docs

En primeiro lugar é necesario ter unha conta de gGmail, se non é así, podes crear unha  no seguinte enlace.

En segundo lugar, debes acceder a túa conta Google, e entrar en Google Docs co nome de usuario e contrasinal que elexiste. Este programa web permite compartir arquivos, documentos de textos e táboas mentres traballan ou modifican un número indefinido de persoas.
Para crear un formulario ou enquisa novo non hai máis que facer click encima de “novo”(esquina superior esquerda), e logo en “formulario”.
Neste momento apareceranos un formulario en branco, unicamente coa primeira pregunta (tamén en branco).

Para engadir máis preguntas preme na esquina superior esquerda (“engadir máis preguntas”), e lémbrate de  que existen diferentes tipos segundo que queiras preguntar ou como o queiras preguntar (as máis comúns son a escala,  con casileiro de verificación ou seleccionar dunha lista).

En cada pregunta que fagamos debemos pór un título, un texto de axuda para responder, o tipo de pregunta e as opcións de resposta, no caso de que sexan necesarias.

Para eliminar unha pregunta só hai que premer na papeleira da esquina superior dereita, e lembrar  que tamén  se pode facer obrigatoria unha pregunta facendo click no casilleiro de verificación (“Facer esta pregunta obrigatoria”).
Unha vez que remates o formulario (despois de gardalo co botón da esquina superior dereita), preme na barra superior en “máis accións” e logo en “incrustar”. Sairá unha ventaniña cun código, cópiao, e l pégao na pestana “código” dun post do blog.
Se tes algún problema para realizar algún dos pasos podes deixar un comentario.
Como exemplo:

Cargando…

Esta entrada foi publicada en Recursos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta