Coñecer as características do clima galego, saber como traballa un metereólogo, explicar porqué erran os prognósticos e responder a preguntas como: ¿Que quere dicir que a atmosfera estará inestable ou que as chuvias terán carácter moderado?, ¿ Que é unha fronte fría?, ¿ Como funciona o sistema de alertas metereolóxicas?….
Estas son algunhas das ideas coas que Juan Taboada, técnico de Meteogalicia e responsable da Bitácora de Metereoloxía por Meteogalicia recentemente engadida no sistema de Blogs de Climántica, nos axudará a coñecer e analizar o estado da atmosfera, a súa posible evolución e a súa relación cos datos que se poden recoller nas diferentes estacións meteorolóxicas.
Unha ocasión única para levar aos alumnos a páxina dun excelente profesional da metereoloxía que traballa diariamente nos prognósticos de Meteogalicia e animalos a que a visiten na escola e na casa.
Juan está esperando os vosos comentarios, dúbidas e suxerencias para axudarvos a tratar este tema, tan directamente relacionado co Cambio Climático en tódalas bitácoras da Comunidade Climántica.
Benvido a blogosfera Climántica