Semana da Ciencia

imagenA partir de hoxe e ata o 22 de novembro celébrase   a Semana da Ciencia nun ano “doblemente científico” como Ano Internacional da Astronomía e Ano de Darwin, eventos que vimos reflectindo nos blogues de Climántica con diferentes actividades. De seguro que nos vosos centros, como na maioría das entidades e institucións relacionadas coa ciencia,  celebraredes algunha charla, exposición, visita cultural etc. que  compartiredes nos blogues.

A bitácora  Divulgación 360 nos mostra  unha interesante axenda de actividades nas que podemos incluir as que desenvolvamos nos blogues de aula:

Que vos parece unha “quedada na rede” cun eslogan mediambiental, un foro compartido entre centros a unha hora determinada, …

Contádenos a vosa idea e, desde aquí, a difundimos.Quedamos á espera da vosa colaboración como comunidade Climántica.

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.