James Lovelock : Teoría Gaia na evolución humana

En ClimánticaTV tedes dispoñoble un excelente material  audiovisual realizado por Pedro García Losada, unha das “almas  mater” do proxecto Climántica.

Nesta ocasión vos diriximos ao vídeo que plasma a conferencia de James Lovelock co gallo da recollida do premio Fonseca. 2009.

A conferencia   non ten desperdicio e está directamente relacionada con estes primeiros bloques de CCMC.

Entre outras cousas, Lovelock, critica a excesiva modelización das ciencias na actualidade e  os riscos que  esta perspectiva excesivamente teórica conlevan na prevención dun xa, segundo as súas palabras, inevitable cambio climático. Un tema interesante para abordar nos blogs ou nos foros un debate sobre a epistemoloxía da ciencia e a separación artificiosa de  diferentes disciplinas que poderían estar unidas nunha “Ciencia da Terra” ,como ben describe.

Lovelock nos fala desde outra escala, a de Gaia como ente vivo, onde os humanos  non somos máis que un elemento circunstancial  sin o que o planeta pode sobrevivir perfectamente. Unha lanza directa para analizar as visións  antropocentristas presentes en moitas das nosas accións e concepcións.

Sobrevivir a un cambio climático como mecanismo  evolutivo, outra das  interesantes aportacións de Lovelock na conferencia  daría moito que falar nun foro ao estar directamente relacionado co tratamento do tema da evolución desde o fío conductor do cambio climático.

En resumo, un  análise diferente do Cambio Climático que  nos pode ser útil na aula para tratar varios temas de CCMC.

Animarvos a montar unha conferencia de Lovelock nos vosos centros. É doado: Colgades unha imaxe e un link a Climántica TV e os levades a unha sala con cañón.

Tamén podedes inserir o vídeo pero é demasiado pesado e vos pode dar problemas.

Para facilitarvos o labor, por si andades con presas, deixámosvos a sesión preparada no blogue guía.

Premede na imaxe para entrar na conferencia.

imagen

Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades, Mesa Redonda e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta