Vidas para defender a vida

imagen

Como cada semana plasmamos no Blog Guía modelos de actividades  que se están a publicar nos blogs de aula. Neste caso, un post de Víctor do IES Francisco Asorey titulado ” Unha vida para defender a vida” no que comenta a obra e biografía dun científico premiado co Premio Príncipe de Asturias.Un bo exemplo para achegar ós científicos actuais aos alumnos.

Como ideas de categorías: Muller e Ciencia, Científic@s, Quen e quen no Cambio Climático, etc.

Deixádenos alguna proposta nos comentarios.

O naturalista británico David Attenborough foi galardoado co Premio Principe de Asturias 2009 polas súas grandes aportacións en defensa da vida e da conservación do planeta. Entre os seus comentarios a raíz de recibir este premio destaca o seguinte: ” o planeta non aumenta o seu tamaño e, polo tanto, a poboación non pode seguir crecendo”.

Attenborough comentou, a súa chegada a Oviedo, que na actualidade hai tres veces máis xente vivindo no mundo  que cando él comezou a traballar hai 50 anos.   Na roda de prensa apostou polo traballo conxunto de todos os países para chegar a un acordo no Cumio de Copenhague, onde serán revisados os acordos adoptados en Kioto para limitar a emisión de gases efecto invernadoiro.   Tamén recordou que paradoxalmente, a metade da poboación mundial vive en zonas urbanas, sen contacto coa natureza, da que os seres humanos somos totalmente dependentes.   Por esta razón pedíu aos medios de comunicación que se tomen en serio a responsabilidade de manter en contacto aos cidadáns e ao medio natural e de transmitir a importancia de conservar os ecosistemas.


Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades e etiquetada . Garda o enlace permanente.

One Response to Vidas para defender a vida

  1. FernandaF di:

    Olá Susana:))
    Gostei, particularmente, deste post pelo facto de assinalar uma merecida homenagem a este Senhor que tanto nos deu a conhecer a natureza. David Attenborough é uma referência para qualquer biólogo.

    Saudações

    Fernanda Ferreira

Deixa unha resposta