A Isla da Ciencia

Para organizar dun xeito doado as publicacións no Blogue Guía , cada venres publicaremos na  sección de “Recursos”  unha web de referencia, material curricular ou calquera actividade on line onde podamos levar ós rapaces e rapazas a traballar e que vos sirva de material de apoio no desenvolvemento da programación de aula.

Neste caso presentamos  o segundo premio a materiais curriculares  do 2005 do antigo CNICE, a web ” La Isla de las Ciencias” de Manuel Merlo, onde, mediante unha serie de actividades se investigan diversos aspectos relacionados coa Bioloxía e a Xeoloxía nunha isla ficticia.

A páxina se divide en catro bloques de contidos,subdivididos en 10 unidades didácticas con enlaces, glosario e guías didácticas :

  1. Utilización das tecnoloxías e métodos de investigación en ciencias.
  2.  Estudo do releo, corteza terrestre e métodos de datación e historia xeolóxica.
  3. Herencia de caractere, mecanismos de evolución, e formación de novas especies
  4. Estudos de ecosistemas, dinámicas de poboacións e impactos ambientais.

O recurso está dirixido a 4º da ESO pero  é un  material apropiado como soporte ós   distintos bloques  de CCMC ,  moi bó o bloque de ecoloxía.Xa me diredes que vos parece.

Esta entrada foi publicada en Recursos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta