Primeiras imaxes directas dun sistema exoplanetario

“Buscar e buscar para non atopar” , este podería ser o lema da Internet. O proceso de búsqueda inherente a calquera actividade de investigación na rede non é tan sinxelo como parece, polo que unha actividade como a que nos mostran desde o IES Auga da Laxe pode servirnos para ir formando ó alumnado nas diversas técnicas de búsqueda eficiente. 

Un grupo de científicos de Canadá conseguiron  captar imaxes directas dun sistema planetario extrasolar. Nas imaxes podemos ver claramente tres planetas orbitando unha estrela denominada HR8799, situada na constelación de Pegaso. O sistema parece unha versión a maior escala da parte externa do  noso sistema solar.

imagen

Averigua algúns datos máis sobre este sistema planetario:

A que distancia está  de nós?

Que clase de estrela éHR8799?

Que tipo de planetas son os descubertos?  A que distancia se atopan da súa estrela?

Esta entrada foi publicada en Biblioteca de actividades, Universo e vida e etiquetada . Garda o enlace permanente.

One Response to Primeiras imaxes directas dun sistema exoplanetario

  1. victorcalvin di:

    Hola a todos.
    En primer lugar, averigüei que este tipo de estrela atópase a uns 129 anos lus do Sistema Solar.
    É unha estrela variable que recibe a denominación V342 Pegaso. É a única estrela clasificada simultáneamente como variable Gamma Doradud i estrela Lamba Bootis, que ademais presenta un exceso no infravermello procedente dun disco circumestelar.
    Son planetas extrasolares, que orbitan nunha estrela diferente ao Sol e que, polo tanto, non pertencen ó Sistema Solar.
    HR 8799d (1º planeta), encóntrase a 24 UA.
    HR 8799c (2º planeta), a 38 UA.
    HR 8799b (3º planeta), atópase a 68 UA, da súa estrela.
    Un saúdo.

Deixa unha resposta