Estas son as conclusións dun estudo desenvolvido na Universidade de Colorado no que se avaliou a situación de máis de trinta grandes deltas de todo o Mundo, a partir de medicións por satélite e mapas históricos.
Os científicos atribúen o afundimento relativo das superficies do delta á acción do home sobre o medio: a construción de presas e o desvío das canles dos ríos.
Este feito, xunto co aumento do nivel do mar aumenta considerablemente a probabilidade de que se produzan inundacións en lugares como o Mekong e o delta do rio Perla preto de Hong Kong ou se bloquee o fluxo de sedimentos como ocorreu no río Chao Phraya
Fonte: El mundo.es. Ciencia
Imaxe: 39escalones
Ola Susana:
comecei a traballar no meu blog coa intención de conservar os post do pasado curso. O primeiro que fixen foi dar de baixa aos alumnos do pasado curso pois moitos dos seus nomes coincidirían cos novos. Cando fixen isto, desapareceron todos os post feitos por eles e só quedaron os dos profesores. Ademais, nos foros, desapareceron os nomes dos autores de comentarios quedando só as súas opinións.
Non é que sexa moi importante, pero sería interesante que aínda que se borraran os nomes de usuarios dun curso para outro, non desaparecese o seu traballo do blog.
Un saúdo de Víctor Caamaño (Asorey)