The Age of Stupid

A semana pasada, coincidindo co Día Internacional de Acción fronte ó  Cambio Climático, estrenouse en todo o mundo  e  simultáneamente a película The Age of Stupid ( A era da estupidez).

O film,  que denuncia a necesidade de tomar medidas urxentes fronte ó cambio climático está protagonizado por Pete Postlethwaite,  que representa maxistralmente  a un home solitario que vive no ano 2055 nun escenario desvastador , un mundo asolado polas peores prediccións sobre os efectos do cambio climático.

A estrea  do film en España, ópera prima de  Franny Armstrong, veu da man de Greenpace, e estivo rodeada  de accións simbólicas como a chegada de varias persoalidades das artes e das letras  en bicicleta, o uso  de velas en lugar de  focos á  entrada dos cines, ou a  substitución da  cor vermella  das alfombras  por un corredor  tapizado en verde.

Aquí vos deixamos o trailer preguntándonos o mesmo que o protagonista: “¿por qué non fixemos  algo para evitalo?”


Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Obradoiro de prensa e audiovisuais e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta