A actualidade como reclamo

imagen«Os días en que EEUU arrastraba os pés remataron».

Estas son as palabras que o presidente Barack Obama pronunciou ó comenzar a falar sobre o problema do cambio climático no seu  discurso ante a Asamblea Xeral da ONU.

Un discurso esperanzador no que se  abordaron temas como a amenaza real do cambio climático, o desenvolvemento sostible  ou a paz e no que, por unanimidade, firmouse unha histórica resolución que compromete á comunidade internacional a buscar un mundo máis seguro para todos  sen armas nucleares.

De novo en palabras de Obama : “Unha resposta global ós problemas globais” Globalidade que continúa hoxe coa celebración do terceiro cume do G-20  en Pittsburgh, tradicional cidade industrial que aspira a reconvertirse no referente ‘verde’ de EEUU.

Pero tamén hai voces discordantes: escasos avances contra o cambio climático, poucas oportunidades para os países en vías de desenvolvemento, nuclear para uns e non para outros…

Un bo “reclamo” para alentar nos alumnos a necesidade de profundizar  en temas como cambio climático, desenvolmento sostible, problemas enerxéticos, etc.  que tratamos habitualmente nos nosos blogs a partir da prensa dixital.

Fonte: El País

Esta entrada foi publicada en Obradoiro de prensa e audiovisuais. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta