Semana do Clima

imagenHoxe  empeza a “Semana do Clima” (“Climate Week”), que consiste en 7 días cheos de eventos relacionados coa Cume das Nacións Unidas que terá lugar en Nova York. O obxectivo do cume é que os xefes de estado se poñan  de acordo antes das cruciais negociacións da ONU que se celebrarán en Copenhague en decembro. A “Semana do Clima” terá gran relevancia, así o demostrou o Secretario Xeral da ONU, Ban Ki-moon, ao facer un chamamento  a esta reunión de urxencia para que os países poidan chegar ben preparados ás negociacións de Copenhague.

Hoxe, 21 de setembro,  os blogs de Climántica nos unimos a outras persoas de todo o mundo en dous eventos cruciais para exercer presión no marco deste importante evento:

1) A Chamada Internacional ao Espertar: manifestacións fugaces de 5 minutos en todo o mundo. Busca o lugar máis próximo  en 350.org

2) A estrea internacional de Age of Stupid, un documental sobre o cambio climático que non  podes perder e do que falaremos nestes días.
¡Participa nos dous eventos! Fonte: http://www.350.org/es/sept21

Imaxe: telecinco.es

Esta entrada foi publicada en Axenda, Cambio climático e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta