O Metodo Fukuoka

 Todos os mércores iremos publicando post de centros en diferentes categorías. Comenzamos co IES de Cacheiras en Teo nunha categoría con poucas publicacións  que intentaremos mellorar a de “Sabías qué?”.

imagenMasanobu Fukuoka (2 de febrero de 1913 – 16 de agosto de 2008) foi un agricultor e microbiólogo xaponés, autor das obras “A Revolución dunha Brizna de Palla” e a “Senda natural do Cultivo” nas  que presenta as súas propostas para unha forma de agricultura que é chamada agricultura natural ou método Fukuoka. Naceu na Ciudad de Iyo, na Prefectura de Ehime.Grazas a cultivar a sua propia comida conseguiu vivir 95 anos.

Fukuoka practica un sistema de cultivo que él chama “agricultura natural”. É un tipo de agricultura ecolóxica. Ainda que algunhas das súas prácticas son específicas para Xapón, a idea que rixe o seu método é aplicado con éxito arredor do mundo. O seu sistema se encadra dentro do ámbito da Permacultura.

A esencia do método de Fukuoka é reproducir as condicións naturais tan fielmente como sexa posible de modo que o solo se enriquece progresivamente e a calidade dos alimentos cultivados aumenta sin ningún esforzo añadido.

Principios do traballo

Non arar: De esta forma mantéñense a estructura e composición do solo coas características óptimas de humidade e micronutrintes.
Non usar abonos nin fertilizantes: Mediante a interacción dos diferentes elementos botánicos, animais e minerais do solo, a fertilidade do terreno de cultivo se rexenera como en calquera ecosistema non domesticado.
Non eliminar as malas herbas ni usar herbicidas: Destrúen os  microorganismos  nutrintes do solo, e só se xustifican en monocultivos. Pero Fukuoka propón unha interacción das plantas que enriquece e controla a biodiversidade dun solo.
Non usar pesticidas: Matan a riqueza natural do solo. A presencia de insectos pode equilibrarse nun cultivo.
Non podar: Deixar ás plantas seguir o curso natural.
Bolas de arxela (Nendo Dango).E unha maneira de sembrar: bótanse sementes de trigo e de trébol nunha bola e coa primeira chuvia forte as bolas se desfán e nace o trigo máis o trébol. A arxela evita que os paxaros coman as sementes .O trébol non perxudica o trigo e ademais, ó ser nitrificante, favorece o seu crecemento e evita as malas herbas.En vez de arar e desherbar este método manda recubrir o campo coa palla da colleita anterior, polo que se forma unha compostaxe natural, que conserva a humidade e os nutrintes.

Nos anos 6o o Pentágono calificou este método como moi eficiente e que posiblemente fose empregado para alimentar o exército, por ser saudábel, e que se usaría para reverdecer o deserto de Nevada e parte de Texas.

Utilizouse con éxito tamén nos campos de refuxiados de Sudafrica onde se conseguiu alimentar a tódolos refuxiados  e darlles traballo na agricultura.A ONU o considera o mellor método de reforestacion que existe.

Esta entrada foi publicada en Sabías que?, Sustentabilidade e etiquetada . Garda o enlace permanente.