Novo curso, novas ferramentas

Zapatero ós teus zapatos.  Que  razón ten o  refrán!!!.

Do mesmo xeito que un taxista non ten por qué  ser mecánico, un docente non ten que ser un informático.  Non  vos parece?

Se ademáis de programar, elaborar unidades didácticas, orientar, guiar,…. tivésemos que aprender lenguaxes de programación, nos convertirámos en heroes ou heroínas da xestión de tempos ( que conste que “habelos hainos“).

Esta é unha das claves do éxito das aplicacións web 2.0 de Climántica, non temos que pararnos en cómo inserir un vídeo  dun portal determinado, dánnolo feito.

Para comenzar o curso temos engadido diferentes aplicacións que xa podedes utilizar e que vos mostramos  a continuación. Só temos que seguir os mesmos pasos que cos vídeos : Ímos a  icono video , eleximos o  portal e copiamos e  pegamos o “Embed”:

Photopeach Para tratamento de imaxes, sinxelo e divertido.

Vídeos tu.tv Unha boa colección de vídeos sobre cambio climático e  ciencia en xeral).

Google Map  Que vos parece colgar un roteiro ecolóxico ou un plano das instalacións eólicas na costa?

Animoto  Anunciase como o  fin de Slideshare, non é para tanto, pero casi. Permite crear vídeos nun minuto.

Vinneo Vídeos compartidos con mellor resolución que en You Tube.

Os vídeos de Climántica TV  e  algúns da Biblioteca elaborados polo alumnado.

De todos eles vos iremos falando, para empezar, este mini tutorial de Animoto:

Que outros portales vos gustaría que engadísemos?

Deixádenos un comentario ( aínda que sexa de benvida, polo menos).

Esta entrada foi publicada en Recursos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

3 Responses to Novo curso, novas ferramentas

  1. Marga di:

    Encántame o animoto, parece moi sinxelo, pero preciso tempo para asimilar tanta ferramenta nova. Despóis destes dous meses e pico, case esquecín o que aprendín o curso pasado….
    Por certo, este curso non logrei que me asignaran a aula de informática no meu instituto, e non se me ocurre como podería continuar co do blogue. Admítense ideas!
    Bo curso para todos!

  2. Susana di:

    Ola Marga:
    Eu penso que con que poidas ir tres ou catro veces a aula cos rapaces e lles ensines a traballar cos blogs, se teñen internet en casa podes usalo como tarefas en forma de miniproxectos avaliables, ou que entren no blog guía no apartado de recursos o tag ferramentas e se animen a realizar productos por exemplo unha presentación con animoto sobre o gasto nerxético no cole, sobre tiras cómicas ( stripgenerator) sobre o creacionismo, etc
    Ti podes dalos de alta desde casa, é un esforzo pero se rentabiliza totalmente coa motivación dos rapaces.
    Hai alguén que aporte máis ideas?
    Unha aperta

  3. Raquel Troitiño di:

    Gracias Susana. Vou empregar algún destes recursos, pero eu estou para iniciar a participación no blogue aínda agora. Púxenme a traballar tarde…. .

Deixa unha resposta