Chegou o gran día…

imagenEste ano escolar foi intenso para os e as  docentes que participamos no proxecto Climántica para as Ciencias no Mundo Contemporáneo. Nova lei, nova asignatura, novo proxecto… para algúns a primeira vez que traballabades coas TIC, en definitiva un ano  completiño.

Pero, como  en tódolas  tarefas onde se invirten grandes doses de esforzo e paixón, a recompensa e alta e non temos máis que pensar na xornada de mañán no Palacio de Congresos de Pontevedra: centos de rapaces e rapazas compartindo experiencias en educación ambiental. Unha tarefa de titáns para os e as docentes.

Gracias de novo pola vosa participación, entusiamo, sacrificio e, sobre todo, por compartir coa Comunidade Climántica o voso saber facer. Non é doado atopar a este equipo de profesores e profesoras comprometidos coa educación ambiental.

N.B: Esto non é unha despedida, mañán nos vemos e o luns seguiremos estando aquí para avaliar e mellorar a experiencia.

Ata mañá!!!

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.

One Response to Chegou o gran día…

Deixa unha resposta