Home, a película

Nada máis concreto que unha palabra : Home (fogar) para  titular a espectacular película  de Yann Arthus-Bertrand estreada o 5 de xuño coincidindo con Día Mundial do Medio Ambiente.

O estreo tivo lugar simultáneamente no canal de vídeos YouTube e nas  salas de cine, onde se pode ver a precio de coste. Coincide ademáis coaa aparición de youtube.com/XL, unha versión de Youtube pensada para facilita-la visión de películas.

O longo da viaxe por 54 países e a través de centos de paisaxes aéreos, o film mostra a delicada armoníado planeta Terr, o que destruímos e o que deberiamos conservar.

Non se trata dun  simple documental con mensaxe, senon dunha magnífica película que abarca os principais temas ecolóxicos ós que nos enfrentamos  desde o eido das emocións, da beleza e da intuición, tres campos imprescindibles para tratar o cine nas aulas.

Para ir abrindo boca vos deixamos a sipnosis da película e un trailer de youtube.

“Nos 200.000 anos que levamos os homes sobre a Terra rompemos o equilibrio que durante case catro mil millóns de anos de evolución estableceuse no planeta. O prezo que debemos pagar é alto, pero é demasiado tarde para ser pesimistas: a humanidade dispón apenas de dez anos para investir a tendencia, darse conta do grado de espolio da riqueza da Terra e cambiar o seu modelo de consumo”


Máis información: http://www.home-2009.com/us/index.html

 

Tags: