Día do medio ambiente nos blogs de Climántica: Quedada de cibernautas

Nestes días están aparecendo moitas noticias relacionadas coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente na blogosfera.Hai moitas formas de cuidar do medio que nos rodea, unha delas a que estamos desenvolvendo tódolos blogfesor@s e estudantes de Climántica : Educar no respecto e cuidado polo que nos rodea, a mellor forma de palia-los efectos do Cambio Climático.
Hai moitas formas de expresa-la nosa preocupación polo deterioro do planeta, e o Blogue Guía pode actuar como aglutinador das vosas ideas para esta celebración que, esperemos, deixe de celebrarse ( o día en que tódolos días se convertan no Día Mundial do Medio Ambiente).
Como no mus, hoxe eu “envido á grande”: Vos propoño unha quedada nos blogs de Climántica na que as rapazas e os rapazas visiten o Blog Guía e outros blogs de centros e temático para deixar a súas reflexións sobre este día .
Animádeos a utilizar a mellor arma que a humanidade desenvolveu ata este momento: ” A PALABRA”.
Non tede máis que publicar unha entrada na vosa bitácora de aula anunciando o evento e reservar a sala de ordenadores para o día que os levedes a comentar.
Seguro que disfrutarán coñecendo o que fan outros compañeiros e compañeiras.
Por certo, tédesme totalmente abandoada. Que vos parece deixar un comentario neste post para comenta-la idea, suxerir outra actividade ou, simplemente deixar un saúdo? Apetece unha conversa no foro pra falar de como nos van as cousas?
Tags: campañas
Martes 2 de Xuño do 2009 ás 11:48 am
Ola ,non é que te teñamos abandoada é que por estas datas non hai tempo a nada.O da quedada parecenos xenial tentaremos non faltar.Nós estamos tentando facer un montón de actividades cos rapaces ,pero as veces estamos un “pouco ” perdidos…Esperamos verte o sábado ..xa sabes que tes un café esperando en Rebordáns.Un saúdo de dous blogfesores .
http://centros.edu.xunta.es/ceipderebordans/lixo/lixo.html .Que che parece ? Como podes imaxinar o fixemos coa axuda do noso asesor SIEGA.
Martes 2 de Xuño do 2009 ás 11:42 pm
É fantástico hoxe mismo o publico
Unha aperta