Test de enerxías no fogar

imagenTrátase dunha aplicación interactiva elaborada polo IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía) que permite recrear aspectos propios da vivenda como é o seu deseño (tamaño e forma da planta, distribución dos tabiques e ventás), a situación xeográfica, a orientación, aspectos referentes aos materiais exteriores (cor e estado de conservación das paredes e tellado), así como situar e elixir o tipo de fontes de iluminación, electrodomésticos ou o sistema de calefacción. Tomando como referencia toda esta información a aplicación devolve finalmente ao usuario un informe con recomendacións para aumentar a eficiencia enerxética da súa vivenda.

A aplicación pode resultar de gran interese para traballar co alumnado cuestións de aforro e eficiencia enerxética no fogar dende as materias do ámbito científico e tecnolóxico.

Esta entrada foi publicada en Enerxía, Recursos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta