Twitter en educación.

Twitter é unha mestura entre un o sms e o messenger, que está facendo furor en determinadas áreas como entre xornalistas. A ferramenta combina a rapidez dun sms e a personalidade do messenger e o seu éxito (máis de tres millóns de usuarios en dous anos) radica na súa facilidade de uso.


Como toda ferramenta da web 2.0, Twitter baséase fundamentalmente nas redes sociais, é dicir, pode ser útil para o aula na medida en que socialización e educación están relacionadas.

Nesta presentación podedes visualizar vinte usos da ferramenta no aula: Microcontos, datos reais do mundo (temperatura, localización, un suceso determinado, etc.), actuar como personaxes históricos ou políticos dun cume sobre o cambio climático, compartir vídeos ou ata para achegar aos pais ou a científicos relevantes ás aulas.

Se queredes seguir profundizando na páxina Online College Degree podedes ver “100 aplicacións de Twitter no ensino”.

Por certo… fai moito que non deixades un comentario, espero que vos animades a deixar un “estamos aquí” ou a recomendarnos a publicación dalgún post de alumnos e alumnas para compartir coa comunidade Climántica!!!

Vía: Profesor Potachov de Moldavia

Esta entrada foi publicada en Didáctica e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta