Con Francisco Anguita na aula de CCMC

Ademais do Temático de Enerxía de CCMC, na web central de Climántica contamos cun almacén de recursos excepcionais para tratar este tema.

Como andamos escasos de tempo a esta altura do curso ¿ Que vos parece trasladar a conferencia que impartió Francisco Anguita nas xornadas de formación relativas á  unidade 2 de Climántica ” Límites e riscos xeolóxicos do carbón e do petróleo”.

imagen

Só teremos que acceder ao documental desde Climántica TV e nos cincuenta minutos dunha clase aínda nos quedará tempo para un pequeno debate.

Asegúrovos que a experiencia merece a pena, é un honor e un pracer poder contar coa presenza virtual de Anguita nas aulas e poder compartila cos alumnos.

Xa nos contaredes.

Esta entrada foi publicada en Enerxía e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta