Enerxía

 

imagen

 

O post que vedes na parte inferior, é  unha das entradas do Temático de Enerxías da rede de blogs de Climántica. A súa autora, Natalia Abelenda. expón maxistralmente nas súas páxinas actividades e experiencias que podedes ver no Temático, e que, nesta semana próxima repiclaremos no Blog Guía a partir dunha seleccción feita por ela misma.

Viaxe virtual pola rede eléctrica

As webs da Asociación Española da Industria Eléctrica (UNESA) e da Rede Eléctrica de España (REE) ofrecen material divulgativo de gran interese para o ensino. Ambas poderían aproveitarse para realizar un percorrido pola rede eléctrica, acompañando á electricidade desde que se xera nos distintos tipos de centrais ata que chega aos nosos fogares.

Para iso podemos organizar varios grupos de traballo que partan de diferentes centrais concretas de distinto tipo: eólica, hidroeléctrica, solar, térmica de carbón, nuclear… Coa información dispoñible nas páxinas de UNESA e REE os estudantes deberán responder a unha serie de cuestións que orientarán a investigación a través destes dous sitios web:

  1. Que tipo de transformacións enerxéticas teñen lugar na central?

  2. Como se efectúa o transporte e a distribución da enerxía eléctrica?

  3. Por que se eleva a tensión da enerxía eléctrica que sae da central? Por que se precisa diminuír a tensión da enerxía eléctrica para o seu consumo? Como funciona un transformador?

  4. Como se transporta a electricidade desde As Pontes ata Viveiro? E entre Vimianzo e Mazaricos?

  5. Como describirías a demanda de enerxía eléctrica ao longo dun día? Como se distribúen as fontes de orixe a partir das cales se xera a electricidade?

  6. Realiza España intercambios de electricidade con outros países? En caso afirmativo, con cales?

  7. Como se determina a pegada ecolóxica da produción eléctrica? Que medidas se poden levar a cabo para producir e consumir electricidade dun xeito máis sostible?

Ao final cada un dos grupos deberá explicar ao resto da clase o  funcionamento da correspondente central eléctrica e, mediante unha posta en común entre todos, sintetizaranse as etapas e aspectos máis importantes do proceso de transporte e distribución que segue a electricidade desde que é xerada nas centrais ata que chega aos nosos fogares ou ao propio instituto.

Recursos:

  • Funcionamento das centrais eléctricas

http://www.unesa.net/unesa/html/sabereinvestigar/esquemas/esquemas.htm

  • Transporte e distribución da enerxía eléctrica

http://www.unesa.net/unesa/unesa/distribucion/distribucion_flash.html 

http://www.ree.es/educacion/graficos/esquema_basico.pdf 

http://www.unesa.net/unesa/html/sabereinvestigar/largoviaje/transportelared.htm

  • Mapa do sistema eléctrico español

http://www.ree.es/sistema_electrico/pdf/infosis/maptra2008_v2.pdf

http://www.unesa.net/unesa/html/sabereinvestigar/mapas/distribucion.htm

  • Demanda de enerxía eléctrica en tempo real e a súa estrutura de xeración

https://demanda.ree.es/demanda.html

https://demanda.ree.es/generacion_acumulada.html

http://www.unesa.net/unesa/html/sabereinvestigar/aspectosgenerales/ritmos.htm

  • Comercio internacional da enerxía eléctrica

http://www.unesa.net/unesa/html/sabereinvestigar/largoviaje/transportecomercio.htm 

  • Impacto ambiental da produción e consumo de electricidade

http://www.unesa.net/unesa/html/sabereinvestigar/largoviaje/huellaecologica.htm 

http://www.unesa.net/unesa/html/sabereinvestigar/largoviaje/elecsostenible.htm

As webs de UNESA e REE ofrecen ademais recursos educativos para o lecer como por exemplo o xogo da REE  CONTROLA, simulador de control eléctrico que propón ao alumnado de ESO adoptar o papel de operadores do Centro de Control Eléctrico (Cecoel).

Visitádea e deixade un comentario, xa sabedes aquelo de que “Un blog se comentarios é como un xardín sin flores”, e no no digo por ninguén…

Esta entrada foi publicada en Enerxía e etiquetada , . Garda o enlace permanente.