Tsunami

“Onda de porto”, este é o significado da palabra Tsunami, aínda que a súa orixe non teña para nada que ver coa costa. Pola súa devastadora grandiosidade,  este tipo de fenómenos é de seu motivador para o alumnado e esconde tras o seu significado unha chea de falsas concepcións.

Para analizar a súa posible relación co cambio climático podemos utilizar as conclusións da Campaña Polar SVAIS, que mostran o perigo dos depósitos de hidratos baixo os xeos relacionándoos coa posibilidade de que se formen tsunamis orixinados por grandes desprazamentos submarinos.

Desde unha perspectiva transversal, os tsunamis foron protagonistas de varios filmes de dubidosa rigorosidade científica e dánnos pé a poder tratar no aula cuestiones relacionadas co cambio climático e con algúns aspectos da mecánica newtoniana como forzas de rozamento, enerxía cinética, etc.

Como exemplo vos deixamos unha proposta baseada na película “O día de Mañá” na escena en que a gran onda entra en NY:


Unha gran onda diríxese cara á costa e entra na cidade de NY .
É crible que a enerxía acumulada nun fenómeno deste tipo non derrube á estatua da Liberdade? Cales poden ser as causas dun tsunami? Por que se provoca o tsunami na película? Como o relacionas co Cambio Climático?
Na escena inmediatamente anterior vese unha bandada de paxaros descontrolada, que sistemas utilizan os animais para prever catástrofes? Que tecnoloxías  se utilizaron na filmación das imaxes? Investiga…

Todo sobre tsunamis.

Esta entrada foi publicada en Obradoiro de prensa e audiovisuais e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.