Gripe Porcina: Unha nova pandemia?

imagenO número de casos de persoas afectadas pola gripe porcina vai en aumento en México e EEUU e xa chegou a Europa desde este luns con dous  afectados en España.

Este novo virus de “tres cabezas”  é un híbrido de virus da gripe cunha parte porcina, outra aviar e a humana, esta última responsable do seu contaxio en persoas. Así contado podería parecer que nos atopamos de novo ante un virus como o do SRAS, pero parece que non é así por varias razóns:

  1. Non é tan agresivo como a mutación que se orixinou nas aves.
  2. Os sistemas de alerta da ONU e  os servizos de saúde das nacións desenvolvidas  están preparados, despois da pandemia da gripe aviar, para afrontar unha enfermidade deste tipo. Existen protocolos de actuación definidos e se conta con antivirais que se usaron no SRAS e que parecen efectivos para este novo virus.
  3. Ate agora o perfil dos enfermos no noso país é de xoves adultos o que implica unha menor mortalidade.
  4. Os síntomas son similares os dunha gripe normal así como as vías de contaxio polo que se pode comer carne de porco con tranquilidade.

Aínda así, algúns medios de comunicación están dando informacións pouco rigorosas que alarman a poboación.Un bo momento para tratar nos foros temas tan importantes en CCMC como a importancia do coñecemento científico no mundo actual,  a terxiversación  de termos científicos na prensa ou a facilidade coa que unha enfermidade se pode converter en pandemia neste mundo globalizado.

Unha nova  ocasión  para traballar coa prensa nos blogues de CCMC.

Comentádenos as vosas experiencias!

Fonte: OMS – Que é a gripe porcina?

Esta entrada foi publicada en Obradoiro de prensa e audiovisuais e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

11 Responses to Gripe Porcina: Unha nova pandemia?

  1. oscar grela di:

    O certo e que hoxe en día calquer comunicado oficial e difundido pola prensa e claro esta que sofre modificacións.
    Pero bueno creo que algo que todos destacan, é que a súa evolución e moi imprevisible, asi que eu creo que nestes casos e mellor previr que lamentar.

  2. supita di:

    La verdad, yo estoy bastante asustada y al mínimo síntoma de gripe acudiré inmediatamente al médico. No se si se está haciendo un mal uso de la información, pero verdaderamente es grave y no creo que ninguna de las precauciones tomadas sean excesivas.
    Algo curioso que me pasó en el aeropuerto de Madrid fue que todos los trabajadores tienen mascarillas pero a ninguno de los viajeros nos dieron mascarillas. Me parece muy mal, es algo que no entiendo demasiado bien, creo que no se está haciendo todo lo que se podría. Ya son 114 personas infectadas en el mundo y esto aumentará. Yo personalmente, estoy muy asustada por lo que pueda pasar.

  3. adrian di:

    Estou mui asustado con este tema xa que ai varios infectados en españa e e probable que a pandemia se contaxie a numerosas persoas mais.

  4. roberto di:

    O pouco que coñezo sobre este tema paréceme preocupante e creo que o goberno debe de tomar as precaucións necesarias para poder resolver esta situación.
    Debemos estar todos atentos anta calquer alarma e tomar as precaucións que cada persoa vexa necesarias.

  5. joel di:

    A mi esto no me gusta nada, la verdad es que me da bastante miedo porque cada vez los casos en España aumentan considerablemente. Pienso que esto se va a seguir estendiendo y deberian imponer mas medidas.

  6. oscar grela di:

    Un exemplo do que non deberian facer os medios de comunicacion e publica isto:”«Se o sei, non digo que fun a México» ” un comentario do 1º posible afetado pola gripe porcina en Galicia. Isto que La voz de Galicia publica, anima as persoas a non ir ao médico no caso de posuir sintomas! e normal que o paciente este incomodo por estar aillado, pero non se pode permitir que un posible caso vaia contaxiando o resto da xente. Cando se vai dar unha noticia debemos pensar o que estamos decindo, sobre todo nestes casos, porque tanto podemos crear psicose como animar á xente a facer algo contraindicado!

  7. luis manuel bouzas di:

    Iso é certo. A verdade é que non se pode (ou para ser máis correctos e precisos) non se debería ignorar posibles síntomas que poidan corresponderse cos da nova pandemia, xa que favorecería a súa masiva extensión. Deste xeito, as medidas que poida chegar a tomar calquera institución sanitaria por parte do goberno non surtiría xa o efecto desexado contra a enfermidade. Non se debe propagar a idea de “non mostrar omisión a casos illados” que poden facer que a extensión sexa maior. E o que Óscar di sobre este titular é verdadeiramente reprochable, sen dúbida.

  8. ismael gende di:

    Como previr o contaxio de influenza ou Gripe Porcina
    Atopa outros artigos relacionados a Como previr o contaxio de influenza ou Gripe Porcina na nosa sección Saúde
    Medidas para previr o contaxio de influenza ou Gripe Porcina

    * Manter limpos os cubertos de cociña e baño, mangos e barandales, así como xoguetes teléfonos ou obxectos de uso común.

    * Aumentar a inxesta de froitas ricas en Vitamina A e C

    * Cubra nariz e boca cun pano desechable ao toser ou estornudar. Se non ten pano utilice o ángulo do cóbado.

    * Lavarse as mans con auga e xabón despois de toser ou estornudar.

    * Evite asistir a lugares concorridos.
    Procure recuperarse en casa!
    * Evite saudar de man ou de bico, cando estea enfermo.

    * Evite cuspir no chan e noutras superficies expostas ao medio ambiente, utilice un pano ou lenzo e refúgueo en bolsa de plástico pechada.

    * Non comparta vasos, pratos e/ou cubertos nin alimentos e bebidas.

    * Manterse afastado de persoas que teñan infección respiratoria.

    * Ventilar e permitir a entrada do sol na casa, as oficinas e en todos os lugares pechados.

    * Siga as recomendacións do médico e non se automedique.

    Nota: Unha limpeza profunda con xabón ou deterxente é suficiente para a prevención

    Medidas a tomar por persoas que teñen de influenza ou Gripe Porcina

    * Visitar ao médico para o seu control e diagnóstico e en ningún caso automedicarse.

    * Quedar en casa, sen contacto con outras persoas máis que as indispensables ata que desaparezan os síntomas.

    * Cubrirse nariz e boca ao toser ou estornudar cun pano. Os panos que sexan desechables e tiralos inmediatamente nunha bolsa.

    * Utilizar barbijo ou máscara en todo momento.

    * Non compartir utensilios de cociña nin elementos persoais como cepillos, toallas, etc. Mantelos limpos e separados do resto.

    * Ventilar o ambiente cada vez que sexa posible.

    * Despois de 24 horas sen ningún síntoma pódese retomar as actividades normais.

    Un saúdo!!

  9. mnjennifer di:

    O tema da gripe porcina,é unha noticia que suele asustar a moita xente e sobre todo si o método apropiado para tela é como unha gripe normal,que se pode coller facilmente.
    Eu sinceramente tamén tou un pouquiño asustada con este tema e penso que deberían de mirar máis a cousa e que non a deixaran pasar;porque se seguimos así non sei onde imos parar…

  10. mnyolanda di:

    A mi esto no m da miedo porque la verdad los casos que hay en españa o en cualquier otro país de Europa no son muy graves y de momento no parece que haya ningun caso en el que haya muerto algun afectado.. creo que en Megico es mas grave que aqui ya que hay un gran numero de fallecidos por esta gripe lo que es muy raro.creo que deben tomar medidas para que no empeorara,pero por el momento yo no estoy preocupada de que me pueda contagiar.

  11. rubencach1d di:

    eu a verdade o q opino d este tema é q este tipo d noticias só sirven para q a xente se coma a cabeza cn este tema e nn pense noutras cousas máis importantes… no 1º mundo as únicas persoas q correran perigo coa gripe serán os grupos d riesgo, é dicir, os maiores de 65 anos e os nenos pequenos ou recien nacidos, sabedes cantasa persoas no mundo morren de gripe normal no mundo AO ANO? 14 millóns, tódolos anos morre moitisima xente x culpa da gripe.. pero nn aparece nos medios de comunicación porque nn da diñeiro… a gripe porcina é unha carallada q só sirve para ter entretido e ocupado ao populacho.

Deixa unha resposta