A Navegar 10

imagen

Xa está aberta a inscrición en ¡A Navegar! 10, o certame de páxinas web curriculares e bitácoras elaboradas por profesores e alumnos de centros escolares promovido por EducaRed. O 30 de abril  péchase o prazo de admisión de solicitudes e temos de prazo ate o 29 de maio para presentar un breve resumo da nosa experiencia didáctica cos blogues de Climántica.
Para inscribirse temos que ir a páxina A Navegar 10, inscribirnos (onde pon “Inscribe a tu Grupo”) e elixir a modalidade de “Experiencia educativa.”

Envíannos un correo confirmatorio e podemos preparar unha memoria do proxecto do blogue de CCMC para presentar ate o 29 de maio.

Trátase dun Certame de carácter pedagóxico, polo tanto, o xurado non só valorará o produto final, senón tamén o proxecto educativo sobre o que se asenta: as actividades paralelas que se desenvolveron no aula, o nivel de implicación que se conseguiu dos alumnos, a avaliación continua ou o seguimento que se realizou do traballo do equipo, etc.

Para que o xurado teña coñecemento desta parte do traballo, se habilitará un Diario do Proxecto na web do Certame, cun formulario moi sinxelo de usar, no que se poderá ir deixando constancia cada semana das actividades que se desenvolveron.
Ademais, contará cun Espazo de Traballo no que poderá acceder ao seu traballo e colaborar con outros profesores do Certame a través de foros e outras facilidades.
É interesante botar unha ollada a todos os traballos ganadores  de  edicións anteriores do concurso na modalidade de Experiencias Didácticas .

Unha boa ocasión para compartir os nosos traballos con compañeiros de outras comunidades e darlle difusión ó proxecto.

Calquera dúbida deixádeme un comentario (que sigo soíña).

Esta entrada foi publicada en Axenda. Garda o enlace permanente.